Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pan de Carballo estará presente o...

A ASOCIACIÓN PROFESIONAL DO SECTOR TURÍSTICO DA COSTA DA MORTE (APTCM) PRETENDE DIVULGAR A GASTRONOMÍA DA COMARCA

O pan de Carballo estará presente o día 21 en Madrid na xornada 'De Gusto 2008'

Sábado 19 de xaneiro do 2008

'De Gusto 2008' conta co patrocinio da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos e desenvolverase a partir das 19.00 horas do día 21 de xaneiro nas instalacións do Hotel Sofitel de Madrid. Está situado no Campo das Nacións, a uns 200 metros de onde se celebra nesas mesmas datas o evento 'Madrid Fusion'.

O acto poñerá en valor os produtos gastronómicos da Costa da Morte ante medios de comunicación e cociñeiros de renome nacional. Na xornada presentaranse na capital do Estado produtos típicos da Costa da Morte, e por extensión de Galicia, como o pan de Carballo, centola, polbo, percebe, peixe de rocha, longueirón, algas, ourizo, porco celta, galiña piñeira, etc.

O obxectivo fundamental da xornada é que os produtores contacten directamente cos compradores, eliminando aos intermediarios. Pero ao acto asistirán tamén xefes de compras e cociñeiros de restaurantes e cadeas de medio e alto nivel, que son os que están a demandar un producto de alta calidade.

Compartir: