Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello inicia as obras da primeira fase do...

A DEPUTACIÓN FINANCIARÁ OS 255.000 EUROS QUE CUSTARÁ O TRAMO DUN QUILÓMETRO QUE UNIRÁ O CASCO URBANO COA PONTE DE OZA

O Concello inicia as obras da primeira fase do carril bici

Luns 21 de xaneiro do 2008

O investimento total desta primeira fase da nova infraestrutura viaria coa que contará o municipio carballés ascende ata os 255.000 euros, cantidade que será aportada pola Deputación da Coruña. Os traballos que comezaron hoxe teñen un prazo de execución de tres meses, polo que estarán rematados antes de maio.

Nesta actuación vai incluída tamén a construción de beirarrúas e a dotación de servizos de saneamento, abastecemento e canalización de augas pluviais; así coma de alumeado. O proxecto parte das Concellerías de Obras e Servizos, responsabilidade de Lois Lamas, e da de Promoción Económica, da que é titular Xosé Manuel Guillín.

Unha vez que esté rematada a primeira fase do carril bici, o Concello de Carballo ten previsto acometer unha segunda, a cal culminará coa unión mediante esta vía do casco urbano coa praia de Razo. Neste caso, a actuación abranguería un total de 7.000 metros e o custe das obras sería de 354.000 euros, según constra xa no anteproxecto.

O concelleiro de Obras e Servizos, Lois Lamas, aclara que a segunda fase será menos custosa en proporción que a primeira "porque neste caso trátase só de adaptar un camiño paralelo á estrada de Razo". Tamén destaca a importancia de crear un carril bici que "porá en valor o itinerario que comunica o casco urbano coa costa".

Compartir: