ELECTRICISTAS MUNICIPAIS E TÉCNICOS DE EMPRESAS EXTERNAS TRABALLAN PARA ARRANXAR OS DANOS COA MAIOR CELERIDADE POSIBLE
A Concellería de Obras está a reparar os 300 farois afectados pola tormenta
Luns 21 de xaneiro do 2008
Desde a Concellaría de Obras e Servizos contabilizáronse máis de 300 farois do alumeado público afectados pola caída de lóstregos durante a tormenta do pasado mércores. Debido aos abondosos danos, estase acometendo un plan de traballo especial no que participan electricistas municipais e técnicos de empresas externas que se contrataron para restablecer o servizo coa maior celeridade posible.
Durante a semana pasada, arranxáronse xa máis de 80 farois. Os traballos continuarán ata que todos os veciños e veciñas do municipio dispoñan da reposición do servizo no menor tempo posible. Desde o Concello pídese desculpas ás persoas que se viron afectadas polas avarías e prégase que notifiquen calquer anomalía sobre o normal funcionamento do alumeado.
Poden facelo chamando ao teléfono do Concello (981 704 100) en horario de 9.00 a 14.30 horas ou ao da Policía Local (981 704 701) a calquera hora do día.