PROGRAMA MEDIOAMBIENTAL PIONEIRO
Carballo participará no proxecto 'Ber2015/ Vilas Sostibles' xunto a catro municipios de Bergantiños
Xoves 24 de xaneiro do 2008
Tras o encontro, o máximo responsable do departamento de Desenvolvemento Sostible (organismo que depende da Consellería de Medio Ambiente) emprazou aos alcaldes dos cinco Concellos que compartirán o novedoso proxecto 'verde' a manter en vindeiras datas unha nova xuntanza. Na mesta articularase a fórmula xurídica para participar neste programa promovido pola Xunta de Galicia, que está previsto se poña en marcha nun horizonte cercano aos dous meses.
Cando aínda faltan aspectos por concretar, as liñas mestras de 'Ber2015/ Vilas Sostibles' poderían resumirse en tres, según aclara a Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible. En primeiro lugar a definición dun marco extratéxico claro de actuacións. Tamén resulta crucial para o futuro éxito do programa que cada Concello logre implicar no mesmo aos sectores sociais e económicos. Por último, precisarase a correcta execución e xestión das accións que se acometan.
En resumo, tratarase de que os cinco municipios que estarán implicados no proxecto xunten esforzos. Desde a Xunta, estímase que este programa ten a posibilidade de "converterse nun referente de vangarda para Galicia e o resto do Estado". Tamén se anticipa que "tomará coma referencia os traballos e propostas que se están a levar a cabo en todo o mundo" en materia de desenvolvemento sostible.
'Ber2015/ Vilas Sostibles' persegue varios obxectivos e xenerará unha serie de beneficios medioambientais e tamén económicos aos concellos participantes, entre eles Carballo. Un dos fins primordiais é mellorar o medio ambiente e a calidade de vida para lograr a rexeneración dos recursos ambientais. Tamén desenvolver e diversificar o sistema produtivo, elevar o valor engadido dos produtos da comarca e explorar e explotar as grandes posibilidades do turismo 'verde'.
Os veciños e veciñas de Carballo que desexen coñecer máis datos sobre as grandes liñas da iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, poden facelo descargando o documento que se adxunta nesta nova.