Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello rematará a limpeza de fontes e...

CONSERVACIÓN DO PATRIMONIO

O Concello rematará a limpeza de fontes e lavadoiros na primeira semana de febreiro

Martes 29 de xaneiro do 2008

Estos labores de limpeza non só están encamiñados a facilitar o uso público das fontes e lavadoiros, senón tamén a preservar o patrimonio material do municipio, que neste caso se achega aos 200 exemplares.

Paralelamente a estes traballos, as brigadas de Medio Ambiente procederon durante as últimas datas á erradicación de vertedoiros incontrolados no municipio. Neste sentido, actuaron na Revolta (Carballo), en Cepeira e na ponte da Cepeira (Sísamo), en Imende (Noicela) e en San Lois (Ardaña)

Ambas as dúas actuacións enmárcanse nun proxecto contínuo de recuperación e posta en valor do patrimonio natural, histórico e etnográfico de Carballo que contempla ademais o incremento dos espazos de ocio dispoñibles para os cidadáns e cidadás.

As Concellerías de Medio Ambiente -responsabilidade de José Antonio Viña- e de Servizos -responsabilidade de Lois Lamas- combinaron os seus esforzos para levar a cabo estas actuacións.

Compartir: