Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros de...

CONCELLO-REDE DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

Aberto o prazo para inscribirse nos obradoiros de Iniciación á Informática e a Internet

Mércores 30 de xaneiro do 2008

O obradoiro de Iniciación á Informática desenvolverase entre o 11 e o 22 de febreiro todos os luns, mércores e venres en horario de 11.30 á 13.30 horas. O de Iniciación a Internet con Saúde levarase a cabo desde o día 19 ata o 28 de febreiro todos os martes, mércores e xoves en horario de 16.30 á 18.30 horas.

Ambos as dúas actividades formativas terán lugar na Aula Informática, sita nas Antigas Escolas do Xardín, no edificio da Ludoteca Infantil. Co primeiro dos obradoiros preténdese que as persoas participantes no mesmo acaden unha certa soltura para desenvolverse no manexo do sistema operativo Windows.

Mediante o curso de Iniciación a Internet con Saúde preténdese que sexan capaces de utilizar, de forma básica, aplicacións e ferramentas fundamentais relacionadas con Internet. Para introducir aos alumnos e alumnos no emprego da rede de redes, no obradoiro utilizaranse como introducción a esta os diferentes recursos de saúde que nela podemos atopar.

Para acadar máis información ou realizar as inscricións, os interesados e interesadas deben formalizalas na Aula Informática ou chamando ao teléfono 981 75 73 62.

A idea é facer grupos reducidos de ata 11 persoas. No caso de haber moita demanda faranse máis ata safisfacer toda a demanda formativa neste sentido. Para acadar máis información sobre o proxecto da Rede de Dinamización da Sociedade da Información na que se enmarcan estes obradoiros, poden clicar aquí.

Esta iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na Sociedade da Información e o desenvolvemento rural.

A Rede axuda a levar a cabo actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Compartir: