Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello está a executar un ancheamento...

ELIMINACIÓN DUN PUNTO CONFLICTIVO DO TRÁFICO

O Concello está a executar un ancheamento da vía no lugar de Imende

Luns 4 de febreiro do 2008

Os traballos consisten en acondicionar este tramo viario mediante o reforzo do muro de contención duns 80 metros cunha escolleira de pedra. As obras comezaron hai algo máis dunha semana e estarán rematadas antes do mes de abril. O custe das mesmas ascenderá ata os 17.000 euros.

O concelleiro de Obras e Servizos, Lois Lamas, destaca a importancia de eliminar este punto conflictivo do tráfico. "Esta actuación servirá para mellorar a seguridade viaria e para axilizar o tráfico nunha vía na que se rexistra un alto volume circulatorio durante todo o ano, pero sobre todo no verán".

Compartir: