PARA COMPLETAR A URBANIZACIÓN
Dotación de beirarrúas nas rúas Rosas, Mirtos, Amapolas e Dalias
Martes 5 de febreiro do 2008
Esta obra servirá para completar a urbanización nesa zona do municipio carballés, que xa goza da catalogación de solo urbano consolidado.
O Concellería de Obras e Servizos do Concello de Carballo adxudicou a obra por valor de 43.634 euros e a mesma ten un prazo de execución de dous meses. O concelleiro responsable desta área do Goberno municipal, Lois Lamas, aclara que os traballos consisten na reparación e dotación de beirarrúas.