Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello presenta varias obras que melloran a...

ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS

O Concello presenta varias obras que melloran a accesibilidade a instalacións municipais

Luns 11 de febreiro do 2008

Evencio Ferrero estivo acompañado na presentación das obras de mellora da accesibilidade por Dolores Venancio, presidenta da Once en Galicia, por varios membros do Grupo de Goberno do Concello de Carballo e por representantes do tecido asociativo do municipio.

Os traballos supuxeron un custe total superior aos 118.000 euros. Desta cantidade, Evencio Ferrero aclarou que 83.000 procederon de fondos Feder, 14.000 de achegas do Imserso, máis de 8.000 foron aportados pola Once e o resto -máis de 13.000- financiounos o Concello de Carballo.

Tamén detallou que as obras consistiron no acondicionamento dos aseos, na dotación de ramplas e na mellora xeral das condicións de accesibilidade aos edificios e, no caso concreto das piscinas, ás zonas de baño.

O alcalde de Carballo lembrou que o Concello dispón dun Plan de Accesibilidade "pensado para o conxunto da cidadanía" e non só para as persoas discapacitadas. Neste sentido, subliñou os esforzos que o actual Goberno local está a realizar na procura da eliminación de barreiras aquitectónicas.

Dolores Venancio, pola súa banda, felicitou ao Concello de Carballo "pola súa sensibilidade respecto dun problema que dun xeito ou outro nos acaba afectando a todos e todas".

Compartir: