MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS VIARIAS
A Concellería de Obras iniciou os traballos de ancheamento de catro camiños
Martes 12 de febreiro do 2008
Este é o prazo de execución fixado para unhas obras que foron adxudiadas por un importe total de 50.354 euros e que servirán para mellorar o servizo viario en catro puntos do municipio carballés.
Os traballos afectarán ao camiño de Imende a Casanova por Fraga (1.000 metros), ao que vai da costa de Agra á estrada de Baldaio (761 metros), ao que une o lugar de Campo coa estrada de Caión á altura de Baleiras (875 metros) e ao que vai da igrexa de Noicela ao lugar Jelrra (600 metros).
O Concello de Carballo, por outra banda, está a realizar a limpeza de cunetas en diferentes estradas do municipio. O concelleiro de Obras e Servizos, Lois Lamas, aclara que este tipo de actuacións "evitan que a auga apoce e dane o firme das vías". Operarios municipais están a executar estes traballos divididos en dous grupos: un na zona da costa (Razo) e outro na parroquia de Sofán.