TRABALLOS DE MANTEMENTO
A Concellería de Xestión Municipal rematou a limpeza das preto de 600 sinais do municipio
Martes 12 de febreiro do 2008
O concelleiro de Xestión Municipal, Benedito Viña, subliña que este tipo de actuacións son necesarias porque contribúen a mellorar a seguridade viaria. "Manter as sinais en bo estado de conservación está demostrado que é un factor que axuda a diminuir a siniestralidade". A limpeza das sinais realizouse a man e con produtos nos abrasivos (auga e xabón).
Asemade, A Concellería de Xestión Municipal e Tráfico informa de que está a desenvolver un plan que mellorará a sinalización tanto no casco urbano coma nas parroquias. Esta acción enmárcase dentro da decidida aposta do Concello de Carballo por reforzar a seguridade viaria tanto no casco urbano como no ámbito rural.