Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello organiza un obradoiro de 'Defensa...

CONCELLERÍA DE IGUALDADE

O Concello organiza un obradoiro de 'Defensa persoal para mulleres'

Venres 15 de febreiro do 2008

O obradoiro impartirase cunha periodicidade de dúas clases dunha hora cada semana. A intención do Concello de Carballo é poder formar dous grupos de 16 persoas cada un deles si existe a suficiente demanda.

O primeiro dos grupos recibiría as clases todos os martes e mércores comprendidos entre o 3 de marzo e o 11 de abril en horario de 18:30 a 19:30. O segundo, os luns e mércores de 20:30 a 21:30 horas.

As persoas interesadas en participar nesta actividade -que será gratuita- deben anotarse no CIM de Carballo, ubicado na pranta baixa do Concello (Servizos Sociais). Poderán facelo ata o día 27 de febreiro en horario de 09.00 a 14.00 horas e de luns a venres.

A Concellería de Igualdade aclara que as prazas serán adxudicadas por rigurosa orde de inscripción. Tamén informa de que funcionará un servizo de canguraxe, que coincidirá cos horarios do obradoiro, para as participantes no mesmo que o precisen.

Compartir: