Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello asinou un convenio con Sogama para a...

PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE

O Concello asinou un convenio con Sogama para a compostaxe doméstica no rural

Martes 19 de febreiro do 2008

O principal obxectivo deste convenio é contribuir á protección e mellora do medio ambiente e á xestión sostible dos recursos. En virtude do acordo, Sogama comprométese a subministrar un total de 50 contedores. Os mesmos serán distribuidos entre as 50 vivendas que participarán neste pioneira experiencia.

A empresa realizará tamén as tarefas de coordinación, dirección e supervisión durante o desenvolvemento do proxecto mediante a solicitude de informes trimestrais ao Concello. Tamén correrá da súa conta o subministro de material didáctico e informativo sobre a compostaxe doméstica.

Por outra banda, o convenio compromete ao Concello de Carballo a proporcionar a Sogama un estudo sociodemográfico actualizado coa fin de que a empresa coñeza as particularidades do territorio e deste xeito se poida garantir o éxito do programa.

Tamén seleccionará as 50 vivendas nas que se realizará a experiencia piloto en compostaxe doméstica e velará porque os particulares se acollan ás esixencias do programa. Asimesmo, enviará a Sogama con carácter trimestral un informe no que se recollerán os distintos aspectos de interese derivados do convenio, tanto desde a dimensión medioambiental como desde a económica e social.

Compartir: