FUTURO CONVENIO COA DEPUTACIÓN
O Concello creará un módulo formativo de hostalería na Casa dos Oficios
Martes 19 de febreiro do 2008
Avanzar neste tema foi o principal motivo da visita hoxe ao Concello de Carballo do vicepresidente do organismo provincial, Pablo Villamar, que se reuniu co alcalde, o nacionalista Evencio Ferrero e co concelleiro de Promoción Económica, o tamén nacionalista Xosé María García Guillín.
O acordo entre o Concello e a Deputación permitirá a creación na Casa dos Oficios dun módulo de hostalería. O organismo provincial anticipou hoxe a súa disposición a financiar ata un 80% do custe do proxecto; mentres que o 20% restante completariase con fondos municipais.