Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Pacto Territorial de Emprego da Costa da Morte...

FOMENTO DO EMPREGO

O Pacto Territorial de Emprego da Costa da Morte quedou constituido hoxe

Martes 19 de febreiro do 2008

O alcalde do municipio bergantiñán, o nacionalista Evencio Ferrero, foi elexido presidente do novo organismo. A vicepresidencia recaerá no secretario xeral de CC.OO. na Coruña, Xosé Manuel Lado Lestón.

Por outra banda, o cargo de tesoureiro ostentarao o alcalde de Camariñas, Manuel V. Alfonso de León e o de secretario o rexedor local de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar.

No acto constitutivo do Pacto Territorial da Costa da Morte estivo tamén representada a Confederación de Empresarios de Galicia e os asinantes do acordo demandaron tamén a incorporación da Federación de Empresarios da Costa da Morte (Fecom).

O Pacto nace coa finalidade de planificar políticas laborais ao longo do presenta ano 2008 "por un valor aproximado de 15 millóns de euros", según aclaran fontes da Consellería de Traballo.

Compartir: