Inicio Carballo ao día Hemeroteca Dous alumnos do Conservatorio de Carballo...

EIXO ATLÁNTICO

Dous alumnos do Conservatorio de Carballo participarán na Mostra Musical

Mércores 20 de febreiro do 2008

A finalidade deste certame é recoñecer, promover, premiar e difundir a interpretación musical, apoiando a aqueles xoves músicos que polo seu valor e interese poidan contribuir á difusión da afición á música de Galicia e Portugal e do Eixo Atlántico.

O concurso distingue dúas modalidades (música clásica e jazz) e outras tantas categorías (solistas e agrupacións). Ademais de Carballo, concurrián á fase previa da I Mostra Musical do Eixo Atlántico os municipios de Viveiro, Ourense, Vigo, Santiago, A Coruña, Vilagarcía de Arousa e Lalín. Todos os e as participantes optarán a dous únicos premios: 1.000 euros para o mellor solista e 2.000 para a mellor agrupación.

Representando ao Concello de Carballo participarán dous alumnos que están a cursar estudos no Conservatorio Profesional de Música do municipio bergantiñán e que se presentan na modalidade de música clásica dentro da categoría de solistas.

Trátase de Iria Ameijeiras Cundíns e de Diego Dominguez García, ambos os dous veciños do Concello de Zas e que cursan o 6º curso de Grao Profesional (último curso) no centro educativo de Carballo.

Estes pianistas están a preparar o repertorio, co que acudirán á mostra, os mércores polas tardes de 17.00 a 20.00 horas baixo a tutela da profesora de piano do Conservatorio de Carballo, María Paz Fernández.

A fase previa da Mostra terá lugar o día 1 de marzo no Centro Cívico Municipal dos Mallos na Coruña a partir das 16.00 horas, aínda que, os representantes do Concello de Carballo actuarán a partir das 19.00 h.

Compartir: