CAMPAÑA PARA MELLORAR A SINALIZACIÓN
Xa está en marcha a segunda fase da campaña de sinalización turística
Xoves 21 de febreiro do 2008
Os mesmos inclúen un mapa no que se destacan os principais atractivos turísticos da capital bergantiñá. Dous están situados na estrada A Coruña, outro na estrada que ven de Santiago, un máis na vía que procede de Ordes e o último na que une Carballo con Malpica.
A segunda fase desta campaña, na que se está a traballar, ten como obxectivo que as persoas que visiten Carballo poidan atopar sen dificultades a Oficina Municipal de Turismo, sita no Museo de Bergantiños. Para tal fin, a Concellería de Turismo está a distribuir por todo o casco urbano paneis indicadores da situación de dita Oficina.
Por último, o Concello procederá á colocación ao longo do paseo do Anllóns de grandes paneis que aportarán información mediambiental: datos sobre a fauna e a flora que integra o rico ecosistema do río.