Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo informa sobre as axudas...

SUBVENCIÓNS DA CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

O Concello de Carballo informa sobre as axudas aos establecementos comerciais

Venres 22 de febreiro do 2008

A convocatoria destas axudas foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 38 do 22 de febreiro de 2008. Para consultar as bases da mesma, clicar aquí . Estas subvencións teñen como finalidade a renovación do comercio e a incorporación de novas tecnoloxías da información á xestión dos establecementos.

Así, considéranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que sexan realizadas e pagadas entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2008:

  • Ordenadores persoais de sobremesa, servidores, impresoras, equipamento multifunción, escáneres e similares
  • .
  • Aplicacións informáticas
  • .
  • Deseño e implantación de sistemas de venda non presenciais (comercio electrónico)
  • .
  • Páxinas web promocionais
  • .
  • Equipamentos portátiles (ordenadores, axendas electrónicas, PDA e similares) no caso de vendedores ambulantes
  • .
  • Caixas rexistradoras
  • .
  • Terminais punto de venda
  • .
  • Lectores ópticos de códigos de barras
  • .
  • Sistemas de medición e pesaxe de mercadorías
  • .
  • Sistemas de etiquetaxe
  • .
  • Sistemas de alarma, anti-furto e portas de seguridade
  • .
  • Fotocopiadoras e aparatos de teléfono e fax
  • .
  • Equipamento para o tratamento de temperatura dos produtos para a exposición e venda ao público exclusivamente
.

Compartir: