PLAN DE SINALIZACIÓN
Aspaber-UTE comezou a colocación de 85 placas identificativas de rúas do casco urbano
Luns 25 de febreiro do 2008
A Concellería de Formación e Emprego, responsabilidade de María Manso, colabora neste proxecto a través da aportación de alumnos que participaron nos obradoiros formativos de pintura organizados polo Concello.
Esta iniciativa forma parte dun plan de sinalización dos nomes das rúas do casco urbano que proseguirá durante os vindeiros meses, según destaca o concelleiro de Xestión Municipal, Benedito Viña.
O obxectivo é renovar aquelas placas que están deterioradas e tamén dotar da súa correspondente sinal identificativa ás rúas de recente creación que aínda non a teñen a pesares de que o seu nome xa foi aprobado en sesión plenaria da Corporación Local.