REDE DE DINAMIZACIÓN DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN
Aberto o prazo para inscribirse nos tres obradoiros de informática que se impartirán en marzo
Mércores 27 de febreiro do 2008
Todos os obradoiros serán gratuítos e desenvolveranse na Aula Informática do Concello de Carballo, ubicada no edificio da Ludoteca Infantil. O primeiro en comezar será o de ‘Iniciación á Informática’, que se impartirá todos os luns, martes e xoves entre os días 3 e 13 de marzo en horario de 16.30 a 18.30.
O de ‘Iniciación a Internet’ desenvolverase desde o día 7 ao 17 do vindeiro mes todos os luns e venres en horario de mañá: de 11.30 a 13.30. Pola súa banda, o obradoiro adicado á aprendizaxe no manexo e mantemento dunha conta de correo electrónico levarase a cabo en dúas quendas o luns, martes, xoves e venres dos período comprendido entre os día 25 e 31 de marzo.
As persoas que desexen participar nesta xornada formativa terán a oportunidade de elexir entre un horario de mañá (de 11.30 a 13.30 horas) e de tarde (de 16.30 a 18.30 horas).
Para obter máis información ou para realizar as inscricións, os/as interesados/as deben achegarse á Aula Informática ou chamar ao teléfono 981 757 362. Para desenvolver cada obradoiro formaranse grupos reducidos dun máximo de 10 persoas ata cubrir toda a demanda.
Esta actividade formativa é posible gracias á Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información).
Esta é unha das estratexias fundamentais que promove a Xunta de Galicia para o desenvolvemento das políticas de inclusión na Sociedade da Información e o desenvolvemento do medio rural. Para acadar máis información sobre o proxecto, clicar aquí .