Inicio Carballo ao día Hemeroteca Bergantiños terá un protagonismo...

EXPOURENSE, DO 5 AO 9 DE MARZO

Bergantiños terá un protagonismo especial en ‘Xantar’, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo

Xoves 28 de febreiro do 2008

O Concello de Carballo repite a súa presenza en ‘Xantar’ a través da Fundación Amigos de Galicia, que ofrecerá no seu restaurante un completo menú integrado polos produtos máis representativos de Galicia, e por suposto, da comarca de Bergantiños, que achegará a este menú o pan de Carballo e as patacas de Coristanco.

O Concello de Carballo, ademais, promocionará en ‘Xantar’ a súa gastronomía e turismo a través dunha xornada adicada en exclusiva para tal fin. Será o xoves 6 de marzo, xornada na que se achegarán ata Expourense diferentes representantes institucionais e profesionais, así coma veciñas e veciños deste municipio.

A presenza de Carballo en ‘Xantar’ foi anunciada hoxe nunha rolda de prensa que principiou ás 13.00 horas na Casa do Concello. Na mesma interviron o concelleiro de Turismo, Xosé Manuel García Guillín, un representante de Expourense e outro da Asociación Gastronómica da Costa da Morte.

A participación da comarca de Bergantiños en 'Xantar' contará, un ano máis, coa participación e colaboración da Asociación de Hostaleiros de Bergantiños.

Compartir: