Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello organiza cursos gratuítos de...

CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA (CELGA)

O Concello organiza cursos gratuítos de galego preparatorios para obter o Celga

Venres 29 de febreiro do 2008

O curso preparatorio para o nivel Celga 1 comezará o 7 de abril e rematará o 29 de maio, e terá lugar de luns a xoves en horario de 17.00 a 19.30. Está dirixido á preparación do exame que terá lugar o 1 de xuño.

O curso para o nivel Celga 2 comezará o 2 de setembro e rematará o 27 de novembro, e terá lugar os martes e os xoves de 19.30 a 22.00 horas. Está dirixido á preparación do exame que terá lugar o 29 de novembro.

O de nivel Celga 3 principiará o 1 de abril e rematará o 22 de maio, e desenvolverase de luns a xoves de 19.30 a 22.00 horas. Este curco dirixido á preparación do exame convocado para o día 24 de maio.

Por último, o curso de nivel Celga 4 comezará o 8 de setembro e rematará o 14 de novembro, e terá lugar os luns, mércores e venres de 19.30 a 22.00 horas. Está dirixido á preparación do exame que terá lugar os días 15 e 16 de novembro.

O prazo de preinscrición para todos estes cursos gratiuítos preparatorios para os diferentes niveis do Celga remata o 14 de marzo. O único requisito para poder participar nos cursos é ter cumpridos os 18 anos no momento do comezo dos mesmos.

Para que se poidan celebrar estes cursos, o único requisito será que haxa un mínimo de 20 persoas apuntadas en cada un deles. O número máximo de prazas será, en cadanseu caso, de 30.

As inscricións deben realizarse en horario de mañá no Servizo de Normalización Lingüística (Pazo da Cultura de Carballo, 1º andar) ou chamando ao teléfono 981 704 304. Tamén a través deste correo electrónico .

Compartir: