Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello está a rematar as obras de...

PASEO E ZONAS VERDES

O Concello está a rematar as obras de accesibilidade e mellora do entorno das praias

Luns 3 de marzo do 2008

Os usuarios e usuarias das praias de Baldaio e Razo poderán desfrutar xa nesta primavera -e por suposto no verán- dunha nova perspectiva destes coñecidos areais. Porque a Brigada de Obras municipal traballa desde hai meses na mellora da accesibilidade e dos servizos nestes areais, en colaboración coa Concellería de Praias.

A novidade máis destacable é a creación de preto de dous quilómetros de paseo de madeira, sumando ambas as dúas praias, e de novas zonas verdes adxacentes. Esta terceira e última fase das obras incide na mellora da accesibilidade aos areais e está a ser acometida gracias a un convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Fundación Arao.

Ademais disto, o entorno costeiro do municipio bergantiñán foi transformado cun incremento dos servizos, o cal pon máis en valor a zona litoral do municipio. Dotouse de papeleiras ás praias e construiuse un parque infantil en Razo.

Compartir: