Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un ano máis, a biblioteca do CEIP...

CONVENIO ENTRE O CONCELLO E O COLEXIO

Un ano máis, a biblioteca do CEIP Bergantiños abrirase ao barrio en horario extraescolar

Martes 4 de marzo do 2008

A Xunta de Goberno Local adoptou esta decisión na súa xuntanza do día 2 de marzo "atendendo a razóns de interese público e social". Este convenio entre o Concello e a comunidade educativa do CEIP Bergantiños é posible porque o centro está adscrito ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares en centros públicos non universitarios de titularidade da Xunta.

Este feito tamén lle permitíu ao colexio acceder a unha axuda da Consellería de Educación para ampliar os fondos documentais da biblioteca. No proxecto remitido á Xunta, o CEIP Bergantiños incluíu a súa pretensión de ampliar os horarios da biblioteca e, deste xeito, poñer este servizo á disposición dos veciños e veciñas do barrio no que se asenta o centro educativo.

Este convenio xustifícase polo feito de que a comunidade educativa do CEIP Bergantiños "ten uns recursos escasos e a actividade que pretende realizar supón un beneficio cultural para toda a comunidade", según aclara a acta de acordos da Xunta de Goberno Local.

Compartir: