CONCELLERÍA DE IGUALDADE
O Concello duplica a número de prazas para o obradoiro de 'Defensa Personal para Mulleres'
Martes 11 de marzo do 2008
O primeira quenda deste curso -que conta coa participación de 17 mulleres- principiou o 3 de marzo e rematará o vindeiro día 11 de abril. Impártese todos os martes e mércores de 18.30 a 19.30 horas; mentres que a segunda principiará mañán e desenvolverase os mesmos días en horario de 20.00 a 21.00.
Esta segunda quenda non estaba prevista e organizouse debido ao gran número de solicitudes para participar no obradoiro que chegaron durante os últimos días ao Concello. Ata o punto que xa se completaron novamente as 17 prazas dispoñibles.
Do éxito desta iniciativa farase eco mañán o programa magazine da Televisión de Galicia 'Acompáñenos', dirixido polo popular presentador 'Superpiñeiro'. Un equipo do programa desprazarase ata Carballo para asistir a unha das clases do obradoiro.