Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello limpou as fervenzas de Rus e...

MANTEMENTO E CONSERVACIÓN

O Concello limpou as fervenzas de Rus e Entrecruces e o paseo do Anllóns

Martes 18 de marzo do 2008

Estos labores de limpeza e mantemento están encamiñados a preservar e poñer en valor o patrimonio natural do municipio para que tanto a cidadanía coma as persoas que visiten o concello poidan desfrutar da súa natureza en todo o seu esplendor.

Estas actuacións enmárcanse nun proxecto contínuo de recuperación e posta en valor do patrimonio natural, histórico e etnográfico de Carballo que contempla ademais o incremento dos espazos de ocio ao aire libre.

As Concellerías de Medio Ambiente -responsabilidade de José Antonio Viña- e de Servizos -responsabilidade de Lois Lamas- combinan os seus esforzos para levar a cabo estes traballos.

Compartir: