Inicio Carballo ao día Hemeroteca A compañía 'Tanxarina...

PROGRAMACIÓN DOS 'VENRES CULTURAIS'

A compañía 'Tanxarina Títeres' leva a escena o espectáculo teatral 'Sombreiros de chapeu'

Mércores 26 de marzo do 2008

Tres sombreiros, construtores de sombras, lévannos da súa man a un espectáculo músico-visual composto de pequenas historias onde personaxes como Charlot, o camiñante, a cantante de ópera, ou o manipulador de marionetas farán as delicias do público infantil e adulto.

Os titiriteiros da compañía 'Tanxarina', unha das formacións máis recoñecidas do teatro galego de títeres, presentan o domingo en Carballo unha montaxe en branco e negro repleto de novas ideas elaboradas en sombras chinesas, unha das técnicas máis interesantes e descoñecidas do teatro de animación de bonecos.

Compartir: