Inicio Carballo ao día Hemeroteca Caride anuncia a adxudicación do tramo...

VIAL DE ALTA CAPACIDADE DA COSTA DA MORTE

Caride anuncia a adxudicación do tramo Carballo-Berdoias, que será unha autovía

Venres 28 de marzo do 2008

Aclarou que as previsións da Xunta de Galicia son que o tramo entre Carballo e Vaio poida abrirse ao tráfico no 2010 e o de Vaio-Berdoias un ano despois, no 2011. O investimento do Goberno galego nestes 42 quilómetros de autovía será de 220 millóns de euros.

Caride subliñou que o inversión total da Xunta nos vindeiros anos en obras para mellorar as comunicacións da Costa da Morte elevarase ata os 340 millóns de euros, como xa adiantara o presidente galego, Emilio Pérez Touriño, o pasado luns en Carballo. Entre estas infraestruturas inclúese a variante de Carballo, que terá 6,5 quilómetros e un custe de 11 millóns de euros.

A conselleira de Política Territorial aproveitou a súa visita ao municipio bergantiñán para visitar as obras que está a realizar o Concello na ponte da Casilla. Esta actuación está subvencionada ao 100% pola Xunta de Galicia.

María José Caride foi recibida hoxe na Casa do Concello polo alcalde de Carballo, o nacionalista Evencio Ferrero, e por representantes de todos os grupos que integran a Corporación local.

Compartir: