Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello promove, xunto con varios Concellos da...

SEGURIDADE VIARIA

O Concello promove, xunto con varios Concellos da zona, acordos para colaborar no Noitebús 2008

Mércores 2 de abril do 2008

Este convenio posibilitará unha mellora e ampliación do servizo de Noitebús que se ven prestando ata o de agora nos tres municipios a partir do 1 de maio. "Este tipo de acordos son moi positivos porque dispor de rutas en común supón racionalizalas e minimizar custes para os Concellos", explica García Guillín, quen engade que "os grandes beneficiarios serán os usuarios".

E aclara que este convenio estipula que os tres Concellos asuman o custe do servizo a partes iguais. Por outra banda, Carballo chegou tamén a un acordo cós concellos de Malpica, Ponteceso e Laxe para a mellora do Noitebús na Costa da Morte. Así, o Concello de Carballo solicitou unha axuda á Consellería de Política Territorial para a ampliación de dúas rutas.

Si a proposta é aceptada, a primeira enlazará as cidades da Coruña a Carballo os venres, pasando por Maceira, Seixeda, Arteixo, Lañas, Paiosaco e Laracha. A hora de saída desde a cidade herculina será ás 23.30 horas e a volta desde Carballo ás 06.00 horas.

A segunda será unha ruta circular que se realizará os sábados e que pasará por Coristanco, Agualada, Cereo, Xornes, Buño, Ponteceso, Malpica e Carballo. Está previsto que o primeiro servizo saia de Carballo ás 22.55 horas e regrese a esta localidade ás 00.45 despois de facer o percorrido polos distintos concellos.

Neste segundo caso non foi posible acadar un acordo que permita compartir custes equitativamente e cada Concello asumirá os das rutas das que sexa titular. En total, o número de rutas que compartirán estes municipios ascende a seis.

Compartir: