Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello solicita prazas para a viaxe que...

PROGRAMA 'VIVIR O MUNDO: VIVIR EUROPA 2008'

O Concello solicita prazas para a viaxe que organizará a Deputación a Expo Zaragoza

Venres 4 de abril do 2008

A Deputación da Coruña publicou a semana pasada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o anuncio do concurso para contratar a organización do programa 'Vivir o mundo: Vivir Europa 2008'. Segundo a información difundida polo organismo provincial, o seu investimento máximo nesta iniciativa -que terá rematado o 30 de setembro deste ano- será de 350.000 euros.

Tamén aclara que o total de prazas que ofertará será de 854, das cales 740 estarán destinadas aos menores e a cantidade restante, para os monitores que os acompañarán. Como na edición anterior do programa -que levou a rapaces e rapazas da provincia a coñecer París- a cota de participación será de 85 euros.

O anuncio aclara ademais, como unha das condicións para a concesión, que o hotel onde se aloxen os menores non debe distar máis de 10 quilómetros do casco urbano de Zaragoza. A viaxe organizarase en oito quendas de catro días e tres noites.

Compartir: