Inicio Carballo ao día Hemeroteca O aparcarcamento do Rego da Balsa desaparece tras...

DESENVOLVEMENTO URBANÍSTICO

O aparcarcamento do Rego da Balsa desaparece tras o inicio das obras do polígono 26 do PXOM

Luns 7 de abril do 2008

O Goberno Local asegura que, polo momento, os traballos non afectarán ao tránsito rodado pola rúa Perú. Engade tamén que no futuro abrirase unha nova vía que enlazará a rúa Pontevedra coa avenida Ponte da Pedra que evitará que se colapse o tráfico na zona cando avancen os traballos no polígono.

Así mesmo, o Concelleiro de Urbanismo, José Antonio Viña, minimizou o efecto que terá a perda de preto de 200 prazas de aparcamento polo peche definitivo para tal fin dos terreos situados detrás da antiga estación de trolebuses. Neste sentido, destacou que esta supresión de zona de parking se compensará posteriormente coa apertura dos novos viais previstos no proxecto de urbanización.

Compartir: