MERCADO MUNICIPAL
O Alcalde de Carballo viaxa mañán a Madrid para concretar con Mercasa temas pendentes sobre o Mercado
Mércores 9 de abril do 2008
Evencio Ferrero aclarou que o motivo primordial da reunión que manterá co responsable de Mercasa -empresa nacional dependente da SEPI e do Ministerio de Agricultura- será "coñecer en detalle cales son os dereitos dos actuais concesionarios do Mercado Municipal e analizar as posibilidades de ampliar as concesións, que na súa mayoría remantan no ano 2020".
O Alcalde aclara que o Concello pretende coñecer os pasos que se deron noutros casos similares que xestionou Mercasa "para perfilar o que debemos facer a partir de agora". Tamén recorda que Mercasa -contratada polo Goberno Local- xa elaborou un anteproxecto para o futuro Mercado Municipal. Engadiu que o mercado provisional -que custará un millón de euros- ubicarase no parque de San Martiño.