DEPORTE DE BASE
A Fase Final de Baloncesto Júnior masculino A-4 dispútase esta fin de semana en Carballo
Xoves 10 de abril do 2008
Precisamente, o Montelfre Xiria de Carballo medirá o seu potencial o sábado (día 12) na primeira semifinal (17.00 horas) fronte ao C.D. Sant Yago da Coruña. O partido, ao igual có resto da competición, desputarase no pavillón ‘Vila de Noia’, tamén coñecido coma ‘Zona Escolar’.
A segunda semifinal principiará ás 19.00 horas e deparará o enfrontamento entre o San Rosendo Cristalería San Juan (Ferrol) e o Compañía de María da cidade herculina. Os vencedores de ambos os dous cruces están citados o día 13 (domingo) ás 12.30 horas para loitar polo primeiro posto na final, mentres que os equipos derrotados loitarán pola terceira praza a partir das 10.30 horas.
A organización desta fase final, como ocorrera a fin de semana pasada, recaerá novamente no Club Escola Basket Xiria de Carballo.