LIMPEZA DE CUNETAS
O Concello está a realizar traballos de limpeza e conservación nas vías do municipio
Martes 15 de abril do 2008
Según aclara Lois Lamas, estes traballos teñen unha doble finalidade. A primeira é facilitar a correcta evacuación das auguas pluviais para mellorar a seguridade viaria e tamén para evitar o deterioro do firme. Así mesmo, estas tarefas contribúen a incrementar a visibilidade dos automobilistas sobre todo en tramos de curvas.
A execución destes traballos impediu que as copiosas choivas caídas en Carballo durante a última semana provocasen inundacións nas vías que se limparon. A intención do Concello é desbrozar a vexetación das cunetas das estradas de todas as parroquias, proxecto que se irá desenvolvendo ao longo do presente ano.