Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Concellería de Igualdade organiza un...

CELEBRARASE ENTRE OS DÍAS 12 E 23 DE MAIO

A Concellería de Igualdade organiza un novo curso de informática para mulleres

Venres 25 de abril do 2008

Este curso será totalmente gratuíto para as mulleres que se animen a participar no mesmo e terá unha duración de 20 horas. O mesmo celebrarase na Aula Informática do Xardín entre os días 12 e 23 de maio -ambos os dous días inclusive- de luns a venres en horario de 10:00 a 12:00.

A Concellería de Igualdade do Concello de Carballo, responsabilidade da nacionalista Lourdes Rey, informa de que as prazas son limitadas e que as mesmas se outorgarán por rigurosa orde de inscrición.

As mulleres interesadas en apuntarse ao obradoiro de informática deberán presentar as súas solicitudes entre os días 28 de abril e 8 de maio no CIM, sito nas oficinas do Departamento de Servizos Sociais (na planta baixa do Concello).

Compartir: