Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Brigada de Medio Ambiente erradica cinco...

TAMÉN ESTÁ A LIMPAR AS PRAIAS

A Brigada de Medio Ambiente erradica cinco vertedoiros incontrolados no municipio

Venres 9 de maio do 2008

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Carballo, responsabilidade do socialista José Antonio Viña, roga á cidadanía que utilice os lugares sinalados para depositar o lixo e recorda que este tipo de delitos medioambientais acarrean sancións económicas graves.

A Brigada de Medio Ambiente, por outra banda, está a realizar tarefas de limpeza no contorno dos areais do municipio para que as praias presenten o mellor aspecto posible ante a inminente chegada da temporada de verán.

Compartir: