Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello e o CIM presentan un novo programa...

TELEASISTENCIA MÓBIL

O Concello e o CIM presentan un novo programa para as víctimas da violencia de xénero

Mércores 19 de outubro do 2005

O Servizo de teleasistencia móbil para as víctimas da violencia de xénero é unha modalidade de servizo que, coa tecnoloxía adecuada, ofrece ás víctimas que conten con orde de protección unha atención inmediata e a distancia. Así asegúrase unha resposta rápida ás eventualidades que lles podan sobrevir, as 24 horas do día, os 365 días do ano e sexa cal sexa o lugar onde se atopen. O servizo baséase na utilización de tecnoloxías de comunicación telefónica móbil e de telelocalización. Os obxectivos desta iniciativa resúmense en:

  • Garantir unha atención inmediata e adecuada ante situacións de emerxencia, a través de persoas especializadas.
  • Proporcionar seguridade e tranquilidade ás usuarias do servizo e ós familiares que dependen directamente delas, ofrecendo apoio, información e asesoramento.
  • Potenciar a autoestima e a calidade de vida das usuarias do servizo, contribuindo a crear unha rede social de apoio no seu entorno habitual.
  • Axudar a diminuir a sobrecarga que soporta unha usuaria destas características, proporcionandolle tranquilidade ó saber que hai un equipo capaz de apoiar e resolve-las incidencias que podan sobrevir.

  • Poden ser usuarias do servivio as víctimas da violencia de xénero que non convivan coa persoa ou persoas que lles someteron a maltrato e as que conten con orde de protección, sempre e cando o xuíz que a emitiu non considere contraproducente este servicio para a seguridade da usuaria.

    O servizo cesará cando deixe de cumplirse algún dos requisitos de acceso ou cando a usuaria o solicite.

    As mulleres interesadas en saber máis deste servicio poden acudir ó Centro de Atención á Muller de Carballo, nº 7, sito na rúa Camiño Novo, entrechán (a carón da Recadación Municipal)
    Horario de atención ao público:
    Traballadora Social e Psicóloga: Luns a venres de 8.30 a 14.30.
    Avogada: Martes e xoves de 16.00 a 18.00. Venres de 12.00 a 14.00.

    Compartir: