Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Consellería de Industria confirma que...

NO LUGAR DE XOANE DA ESTRADA

A Consellería de Industria confirma que Fenosa solucionará este ano os problemas de subministro eléctrico en Goiáns

Mércores 14 de maio do 2008

Na carta remitida pola Consellería de Innovación de Industria ao Concello de Carballo infórmase de que para arranxar as deficiencias no servizo que presta Unión Fenosa no lugar de Xoane da Estrada, esta empresa deberá instalar un centro de transformación e unha nova liña eléctrica durante o presente ano en cumprimento do Plan de Calidade do Subministro Eléctrico.

O motivo de que esta solución se dilatara tanto no tempo radica na oposición por parte dalgún sector veciñal ao proxecto de execución do centro de transformación e da nova liña eléctrica. A Consellería de Innovación e Industria xa declarara no 2007 este proxecto de utilidade pública, pero o seu trazado recibira alegacións.

Por este motivo, foi necesario iniciar entón un expediente de expropiación forzosa de terreos. Innovación e Industria lembrou que as actas previas de ocupación se levantaron o día 10 de abril de 2008 e anunciou no último escrito remitido ao Concello que -unha vez superados estes preceptivos trámites- as obras principiarán en vindeiras datas.

Compartir: