Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello premia as mellores iniciativas...

'CARBALLO EMPRENDE 2008'

O Concello premia as mellores iniciativas empresariais coa convocatoria de dous certames

Venres 16 de maio do 2008

A Concellería de Promoción Económica do Concello de Carballo, responsabilidade do nacionalista Xosé Manuel García Guillín, e a Cámara de Comercio da Coruña pretenden con esta iniciativa promover a cultura emprendedora e impulsar a aparición de novas actividades económicas.

O xurado, que se reunirá o martes día 20 de maio, terá en conta á hora de emitir o seu fallo aspectos como a viabilidade empresarial da idea, o vencellamento do proxecto co tecido económico da Costa da Morte, o carácter innovador e a capacidade de xerar emprego.

O primeiro premio deste certame está dotado con 1.500 euros, o segundo con 1.000 e oterceiro con 500 euros. Ao mesmo tempo, os tres primeiros proxectos que cumpran os requisitos para acceder ao Viveiro de Empresas de Carballo serán premiados coa cesión gratuíta dun despacho durante un ano, nove meses e un semestre, respectivamente.

Paralelamente ao 'I Premio Carballo Emprende', tamén permanece aberto o prazo para participar no 'I Premio Programas de Fomento da Emprendeduría'. Este certame está dirixido ao eido formativo e educativo, dado que se persegue a promoción da cultura emprendedora no ámbito educativo e o apoio aos programas formativos para fomentar a emprendeduría.

Esta iniciativa, igualmente promovida polo Concello de Carballo, está dirixida aos centros educativos e entidades sen ánimo de lucro que programen actividades ou accións encamiñadas ao fomento do autoemprego, o cooperativismo e, en xeral, que contribúan a divulgar a emprendeduría como unha oportunidade de futuro para calquera persoa que pense non desenvolvemento económico.O mellor traballo presentado recibirá 1.000 euros e un diploma acreditativo.

Compartir: