Inicio Carballo ao día Hemeroteca Tramitadas 716 licenzas para novas vivendas no...

O URBANISMO: VIVENDA

Tramitadas 716 licenzas para novas vivendas no primeiro semestre de 2008

Luns 14 de xullo do 2008

Por outra banda, no ano 2007 o número de licenzas concedidas para o medio rural e o casco urbano chegaba ata 401. Tamén hai que mencionar que o crecemento urbanístico ten sido expoñencial no municipio dende o ano 2003, xa que as cifras globais de 2003, 2004 e 2005 -371, 263 e 492 licenzas respectivamente- non chegan a superar as dos primeiros seis meses do ano das seguines anualidades.

As 716 licenzas repártense de xeito desigual entre a zona urbana e a rural. Así, no casco urbano de Carballo tramitáronse autorizacións de obra maior para 658 fogares que se van construír en bloques de edificios, mentres que as 58 licenzas restantes corresponden a vivendas unifamiliares en zonas residenciais e núcleos rurais.

Compartir: