INCREMENTO DA SEGURIDADE VIARIA E MELLORA DOS SERVIZOS
O Concello está a rematar as obras de ancheamento da estrada no lugar de Imende
Martes 20 de maio do 2008
Ademais do ancheamento da estrada, o Concello de Carballo está a realizar outras melloras nese punto da rede viaria do municipio. Así, aproveitou esta intervención para acondicionar a rede do servizo de saneamento e recollida de pluviais e para canalizar a auga procedente dun manantial.
Para executar esta obra, os operarios deberon tamén desprazar importantes cantidades de terra e construír un muro de contención de arredor de 50 metros de lonxitude e unha altura media de tres metros. Así mesmo, procedeuse á reposición da capa de asfalto.