‘CONCELLOS SAUDABLES’
O Director Xeral de Saúde Pública destaca que o proxecto ‘Carballo Saudable’ é "un dos mellores de Galicia"
Venres 23 de maio do 2008
O ambicioso proxecto para mellorar de xeito integral a saúde dos veciños e veciñas de Carballo é o froito da conxunción de esforzos de ata catro áreas do Grupo de Goberno. Porque para a súa posta en marcha colaboran as Concellerías de Xuventude e Deportes, responsabilidade de Marcos Trigo; Sanidade e Terceira Idade, titularidade de Lourdes Rey; Promoción Económica, liderada por Xosé Manuel García Guillín; e Educación, cuxa responsabilidade recae en Mar Eirís.
A iniciativa ‘Carballo Saudable’ está cofinanciada pola Consellería de Sanidade e o Concello de Carballo. O obxectivo primordial deste programa, como o seu propio epígrafe indica, é contribuír á mellora dos hábitos da cidadanía para que a poboación poida desfrutar dunha maior calidade de vida.
'Carballo saudable' incidirá na promoción dunha vida sen adiccións (ao tabaco, o alcohol, e as drogas en xeral); no fomento duha alimentación equilibrada; no potenciamento de programas de actividade física para todos os tramos de idade ou en promover actuacións específicas no eido afectivo e sexual.