CREACIÓN DUN VIARIO PEONIL NESA ZONA
O Concello procederá esta semana ao derribo do antigo edificio do Padroado Deportivo Municipal
Luns 26 de maio do 2008
A Brigada de Obras do Concello de Carballo comezou hoxe as tarefas de desaloxo do mobiliario do inmoble que ata hai un par de meses foi a sede do Padroado Deportivo Municipal, na actualidade ubicada na Casa do Concello. O obxectivo é proceder ao derrubre deste edificio durante a presente semana para o posterior acondicionamento dese espazo coma zona peonil.
Nese espazo crearase un viario peonil provisional, que se transformará en definitivo unha vez que remate a urbanización da Horta do Casino, que na actualidade se atopa en fase de construción. Cando estas obras estén rematadas, a nova zona peonil (duns 300 metros cadrados) converterase en definitiva.