GRACIAS A UN CONVENIO CO CONCELLO
A asociación Coro Vagalume realizará seis representacións teatrais nas parroquias
Martes 27 de maio do 2008
O obxectivo primordial deste acordo é contribuír á promoción da creación teatral por todo o territorio carballés. Pero este convenio permitirá tamén ao Concello seguir cumprindo cunha das súas máximas: difundir o labor que desenvolven as distintas asociacións culturais do municipio bergantiñán e colaborar con aquelas entidades que organizan eventos culturais.
As asociacións que estén interesadas en que o grupo de teatro Vagalume Animación actúe nas súas parroquias, deberán realizar as correspondentes solicitudes no Concello. Con posterioridade, a Concellería de Cultura realizará unha selección para determinar as parroquias que finalmente acollerán algunha das seis funcións teatrais en cumprimento do convenio.