Inicio Carballo ao día Hemeroteca O programa piloto de compostaxe doméstica...

CONVENIO ENTRE O CONCELLO E SOGAMA

O programa piloto de compostaxe doméstica no rural desenvolverase en Oza

Mércores 28 de maio do 2008

Unha vez finalizada esta primeira xuntanza de traballo para poñer en marcha o programa de compostaxe doméstica, José Antonio Viña amosou a súa satisfacción polo elevado grao de implicación dos veciños e veciñas de Carballo á hora de acoller esta iniciativa. E aclarou que o Concello non puido atender todas as solicitudes para participar neste programa piloto "aínda que si sae ben en Oza, seguro que se extenderá no futuro a outras parroquias".

Tamén anticipou que en vindeiras datas manterá contactos cos centros escolares de Carballo que dispoñen de servizo de comedor para averiguar si estarían interesados en desenvolver un proxecto propio de compostaxe. Si fose así, o titular de Medio Ambiente asegurou que recibirían formación e asesoramento técnico por parte do Concello, "pero á marxe do proxecto piloto".

As persoas interesadas en ampliar información sobre o convenio asinado o día 19 de febreiro entre o Concello e Sogama para a compostaxe doméstica no ámbito rural, poden acceder á correspondente nova clicando aquí.

Compartir: