A XORNADA 'XOGAR NA RÚA' CELEBRARASE O 31 DE MAIO
Preto de 2.400 escolares participaron durante este curso no programa deportivo municipal
Mércores 28 de maio do 2008
Evencio Ferrero recordou durante a rolda de prensa que o Goberno Local oferta estas actividades deportivas para os menores de xeito totalmente gratuíto, "o cal estamos convencidos de que é un gran labor social". Na presentación estiveron tamén presentes o Concelleiro de Deportes, Marcos Trigo, e o Director da Oficina de Caixanova (empresa colaboradora no evento) en Carballo, Xosé Ulfe.
O Padroado Deportivo Municipal, en colaboración co Concello, puxo en marcha hai uns anos un programa pioneiro destinado a promover o deporte nos centros de ensino. A iniciativa mobiliza a máis de 60 monitores/as, que se encargan de ofrecer un abano de actividades físicas gratuítas aos escolares do municipio. Todas elas teñen lugar fóra do horario lectivo.
Este programa deportivo desenvólvese a través de catro vías: Escolas Deportivas, competicións, encontros deportivos e xornadas deportivas puntuais. As persoas interesadas en coñecer os datos concretos de participación (número de practicantes en cada modalidade centro escolares aos que pertencen) poden descargar o PFD que se adxunta. No mesmo tamén se atopa toda a información sobre a xornada ‘Xogar na Rúa’.
Grazas a este programa, todos os e as escolares de Carballo poden gozar de balde da Piscina Municipal durante tres anos. Ademais de favorecer a práctica do deporte, a iniciativa fomenta a formación en valores persoais e sociais, mellorando a calidade de vida, a integración e a participación do alumnado.