Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello remata as obras de saneamento e...

MELLORA DOS SERVIZOS

O Concello remata as obras de saneamento e recollida de pluviais en dous lugares de Rus

Mércores 28 de maio do 2008

O Concello de Carballo, en concreto, acometeu obras para a dotación dunha rede de saneamento e recollida de augas pluviais no lugar de Outón. Neste sentido, Lois Lamas explicou que a nova infraestrutura instalada polos operarios municipais nesta zona da parroquia de Rus consta de preto de 500 metros lineais de canalización.

Por outra banda, o Concelleiro de Obras aclarou que no lugar de Alborín os traballos se limitaron a dotar dunha calanización de 40 metros destinada soamente á recollida de augas pluviais. Tamén subliña que a intención do Goberno Local e da área que dirixe é continuar a mellorar os servizos en todo o territorio do Concello.

Compartir: