PLENO DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
A Deputación aportará fondos para a Casa dos Oficios e para construír un segundo campo de herba artificial nas Eiroas
Venres 30 de maio do 2008
Evencio Ferrero avanzou que á axuda de medio millón de euros aportada pola Deputación -que se fará efectiva mediante a sinatura dun convenio- o Goberno Local sumaralle un investimento adicional de 225.000 euros. "Con esta inversión darémoslle un gran impulso ás tres naves que xa teñen a estrutura rematada", explicou o primeiro edil carballés.
Tamén se referiu ao que vai significar para a cidade bergantiñán contar co financiamento preciso para construír un segundo campo de herba artificial no complexo das Eiroas. "Será unha pequena cidade deportiva coa capacidade suficiente para satisfacer a elevada demanda existente para a práctica do fútbol". Evencio Ferrero engadiu que, ademais do novo campo de fútbol, construiranse tamén catro novos vestiarios para optimizar os usos do complexo deportivo.
A Deputación acordou no Pleno do 30 de maio a concesión desta axuda, que se enmarca na segunda fase do Plan de Campos de Fútbol de Herba Artificial, despois de aprobar un expediente de modificación de créditos coa incorporación do remanente do ano 2007.