CONCELLERÍA DE OBRAS E SERVIZOS
O Concello habilita dous aparcamentos provisionais con preto de 300 prazas
Venres 30 de maio do 2008
O Concelleiro de Obras e Servizos, Lois Lamas, explica que o aparcamento de Rego da Balsa manterase activo ata que finalicen as obras de urbanización que se están a levar a cabo nesa zona e que en ningún caso rematarán ata o outono. A parcela na que se instalou o aparcamento provisional está contemplada como futura zona verde no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).
Pola súa banda, o aparcamento habilitado nas inmediacións do Pazo da Cultura tamén é provisional, aínda que se manterá "a medio ou longo prazo". O Concello de Carballo, que continua a traballar para aumentar o número de prazas de aparcamento gratuíto, acadou os necesarios acordos cos propietarios dos terreos para facer posible este novo aparcamento no casco urbano.