Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Alcalde destacou o valor didáctico das...

ORGANIZADAS POR AXOBER EN COLABORACIÓN CO CONCELLO

O Alcalde destacou o valor didáctico das Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético durante a súa clausura

Luns 2 de xuño do 2008

Pola súa banda, o presidente de Axober falou do cambio climático e tamén da "grave crise enerxética que estamos a vivir e, por qué non dicilo, do delicado momento que atravesa un sector tan importante coma o da construción". José Figueiras lembrou que "nas xornadas non lle demos as costas a estas e outras problemáticas. Fixemos o exercicio responsable de falar delo. Pero tamén nos achegamos ás políticas europeas en materia de medio ambiente, ou ás axudas e liñas de apoio que nos facilita a administración autonómica", subliñou.

Así mesmo, o presidente de Axober avanzou que a asociación está xa a traballar na organización das próximas xornadas ao tempo que expresou o seu agradecemento a todas as entidades que colaboraron na edición do presente ano, aos expositores e ao público que asistiu ás conferencias.

Compartir: